O Responsable do Tratamento correspóndese co titular do sitio web, os datos completos do cal figuran no aviso legal.
2.1 Datos tratados: Para os efectos da solicitude de información ou de contacto co Titular, deberanse facilitar uns datos cubrindo os formularios dispostos, nos que se indicarán cales deles teñen o carácter de obrigatorio.
Durante a navegación, poderán facilitarse datos como o enderezo IP asignado polo seu provedor ou determinados perfís sociais asociados ao usuario.
2.2 Finalidades: O correo electrónico ou o teléfono facilitado para o contacto serán utilizados para unha efectiva contestación ás cuestións formuladas.
2.3 Conservación: Os datos serán tratados para xestionar a contestación ou a solicitude de información, procedéndose á súa eliminación despois de tramitadas as consultas.
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación acerca de se se está a proceder ao tratamento de datos persoais que lles concirnan ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, se é o caso, a solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos ou oporse ao tratamento destes, en cuxos casos unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Para iso, os usuarios poderán dirixirse (i) mediante correo electrónico ao enderezo info@adelanta.com; ou (ii) por carta a Parque de San Lázaro, 7, 1.º, 32003 Ourense, incluíndo en ambos os casos unha fotocopia do documento nacional de identidade ou documentación acreditativa equivalente.
No caso de que desexe exercer o dereito de portabilidade, facilitaranse eses datos ao novo Responsable.
A base legal para o tratamento dos datos facilitados é o consentimento outorgado polo usuario para o tratamento dos seus datos persoais para ou un ou varios fins específicos, así como para a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos polo responsable do tratamento. O consentimento será sempre revogable e poderá exercerse en calquera momento.
Os datos non serán obxecto de cesión nin haberá transferencia internacional.