Empresa

Quen somos

Orixe

ADELANTA nace a finais da década dos 50 en Ourense cun único propósito: aliarnos coa natureza para obter e transformar toda a potencia que reside en dous dos seus bens máis primarios, a auga e o vento, e convertela en valor enerxético renovable, sustentable e comprometido co medio.

Dúas xeracións despois, seguimos apostando por substituír as enerxías tradicionais por alternativas máis respectuosas co noso ámbito natural e social.

Persoas

Somos unha compañía de orixe familiar e vocación de grupo.

Desde a primeira minicentral hidráulica na provincia Ourense ata o conxunto de empresas e os 100 MW en explotación (e máis do triplo en tramitación) cos que contamos hoxe en día en España e Portugal, a nosa máxima sempre foi potenciar o gran capital humano que posuímos, e facer da innovación tecnolóxica un valor seguro no desenvolvemento profesional e persoal de todos os nosos equipos.

Compromiso

Son as persoas as que nos levaron a consolidarnos no sector das enerxías
renovables, e a apostar por novas solucións eficientes e fiables, en liña coa utilización de fontes 100% naturais en todos os nosos proxectos de produción e explotación.

Miramos para o futuro comprometidos coa innovación sustentable.

Misión, visión e valores

A nosa misión

Producir e subministrar enerxía de orixe renovable a través dun firme compromiso co respecto polo medio.

A nosa visión

Converternos nun grupo líder e con carácter de permanencia no sector das enerxías renovables, participando activamente en toda a cadea de valor dos proxectos, desde a promoción destes ata a súa execución, xestión e operación.

Os nosos valores

O capital humano é un dos principais activos cos que conta Adelanta, comprometéndose firmemente co seu desenvolvemento persoal e profesional.

Os nosos valores fundamentais inclúen:

— Preocupación polo ámbito.
— Responsabilidade social.
— Excelencia.
— O desenvolvemento do noso equipo humano.
— Creación de valor sustentable.