Información sobre o titular do sitio web:
As presentes condicións regularán o uso que o Titular pon a disposición dos usuarios da Web, e poderán ser modificadas sen previo aviso, de maneira que se recomenda a súa consulta periódica, máis aínda cando se dispoña a facer un uso efectivo de produtos e/ou servizos.
O acceso á web é libre e atribúelle a quen o realiza a condición de Usuario, quen poderá acceder aos contidos ou mesmo pórse en contacto cos seus administradores.
O Usuario debe, pois, ler, entender e aceptar as presentes condicións de uso antes de proceder á navegación e/ou o uso dos servizos, o que suporá a súa expresa aceptación e adhesión a estas nos termos e condicións que se expresan a seguir: i) compromiso de uso dilixente dos recursos, con estrito cumprimento da lexislación vixente, con respecto aos bos costumes e á «netiqueta», é dicir, ao conxunto de normas de comportamento xeral na internet; ii) o Usuario aceptará os termos e condicións ou bases de participación dun servizo ou recurso concreto cando estas sexan necesarias, o que será explicitamente requirido se é o caso; e iii) non poderá facer uso da Web fóra dos termos aceptados polas presentes condicións de uso, concretamente para fins ilícitos, contrarios á moral ou á orde pública en calquera das súas expresións ou constitutivos de delito.
De igual xeito, no caso de permitirse comentarios ou entradas de opinións, o Titular non se responsabilizará en ningún caso das opinións manifestadas por terceiros, aínda que se reserva o dereito de retirar ou mesmo non publicar aquelas que resulten ofensivas ou inapropiadas ou, no seu defecto, cando teña coñecemento efectivo do contido do publicado.
O Titular posúe todos os dereitos sobre a Web, os seus logos, estrutura, imaxes e elementos constitutivos do código obxecto, así como sobre a programación e enxeñería do código fonte. Todos estes elementos, ademais das publicacións incluídas, están protexidos pola normativa española e europea sobre propiedade intelectual e industrial.
Queda prohibida calquera reprodución, adaptación, modificación ou comunicación pública da totalidade ou parte dos contidos da Web, efectuada de calquera forma ou por calquera medio, quer mecánico, manual ou outro, sen a autorización expresa do Titular.
Calquera ligazón realizada á Web haberá de dirixirse á páxina de inicio, prohibíndose a realización de ligazóns profundas ou dirixidas a outros contidos distintos do referido. Do mesmo xeito, queda prohibida a práctica da navegación sobre marcos.
O Titular adoptou todas as medidas de seguridade, tanto técnicas como organizativas, esixidas pola normativa de protección de datos, máis concretamente, segundo a Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos de Carácter Persoal e Garantía dos Dereitos Dixitais e o Regulamento 2016/679 Europeo de Protección de Datos.
Poderá atoparse toda a información a este respecto no apartado denominado Política de Privacidade.
As presentes Condicións Xerais quedan suxeitas ao ordenamento xurídico español, debendo someterse calquera controversia aos xulgados e tribunais da cidade de Ourense, con renuncia a calquera outro foro xeral ou especial que lles puidese corresponder.