Somos un conxunto de sociedades posicionadas a nivel autonómico no marco das enerxías renovables, sobre todo da enerxía eólica e minihidráulica.
A orixe de Grupo Adelanta remóntase ao ano 1957 coa explotación, a través dunha empresa familiar, dunha pequena minicentral hidroeléctrica situada no río Deva, municipio de Quintela de Leirado (Ourense).
Desde aquela, o Grupo Adelanta foise consolidando
no mercado das enerxías renovables a través da construción de novas minicentrais hidroeléctricas e varios parques eólicos na Comunidade Autónoma de Galicia, e participando tamén como socio investidor noutros proxectos a nivel nacional e europeo.
Ademais, está avaliando proxectos que encaixen nos seus estándares técnicos e económicos para incluílos na súa carteira de proxectos en desenvolvemento.
A través de varias sociedades, o Grupo Adelanta conta cun equipo humano cunha grande experiencia no sector das enerxías renovables, co que presta servizos de enxeñería, mantemento e explotación de
instalacións eólicas e hidráulicas, así como un servizo integral de asesoramento fiscal, contable, financeiro e regulamentario a través de Adelanta Corporación, S.A., a sociedade matriz do Grupo.